Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
ALMORZOS ABE

  

 

A nova directiva da ABE, presidida por Daniel García pon en marcha a primeira iniciativa do seu mandato que se trata dun proxecto vinculado á formación e actualidade, os Almorzos ABE.

Trátase dun encontro en formato almorzo que pretende achegar, de maneira periódica aos socios, diferentes aspectos do mundo empresarial nun formato dinámico e áxil sempre a primeira hora da mañá e que incluirá ademais da ponencia o almorzo para que nese entorno poida xurdir colaboracións entre as empresas asistentes.

A periodicidade a marcará a actualidade e a demanda do propio empresariado pero a intención da ABE e que, como mínimo, sexa de un almorzo cada dous meses. En canto o formato será o de recepción de asistentes e café , ponencia e posterior café/networking entre os asistentes que queiran profundizar nos contidos ou establecer algún tipo de colaboración con poñentes ou asistentes.

Almorzo inaugural

O primeiro destes almorzos, terá lugar  o vindeiro xoves 7 de marzo de 9:00 a 10:30 horas coa masterclas sobre Dirección Estratéxica impartida polo director da Galicia Bussines School, Eduardo García Erquiaga, un dos maiores expertos do país neste campo.

Os interesados en asistir deben facer a solicitude de praza na ABE (info@abe.gal) tendo prioridade os socios.

As prazas son limitadas ao aforo da Aula 1 da ABE (28 Px)